SEGUNDO OS OBSERVADORES INTERNACIONAIS, ENTRE ELES MAR DE LUMES

Ilegalidades e irregularidades caracterizan o desenvolvimento das eleccións turcas

O movemento de solidariedade internacionalista galego Mar de Lumes, que estivo presente nas eleccións turcas por medio de Ximena González, que actuou como observadora internacional convidada pola HDP, pon sobre a mesa as ilegalidades e irregularidades detectadas nos comicios.

[Imaxe: Mar de Lumes] Eleccións en Turquía
photo_camera [Imaxe: Mar de Lumes] Eleccións en Turquía

Mar de Lumes valora negativamente as eleccións turcas na medida en que se detectaron “irregularidades e ilegalidades”, detectadas polas delegacións internacionais, incluída a galega. “Amosamos a nosa preocupación por que sexan este tipo de forzas ultradereitistas –en alusión ao AKP, partido gobernamental, as que vaian gobernar Turquía, tamén tendo en conta o seu papel xeoestratéxico.

Pola contra, a organización de solidariedade internacionalista valora positivamente o feito de que "tanto o pobo curdo como o resto de minorías nacionais e da esquerda transformadora que se coaligaron no HDP foran quen de superar os ataques, asasinatos e detencións, así como o clima de guerra civil deseñado polo Goberno de Erdogan para os paralizar e os aterrar”.

O HDP conseguiu superar a barreira do 10% que permite a súa participación no Parlamento turco. O AKP, pola súa banda, conseguiu ao redor do 50% das papeletas.

As eleccións turcas tiveron lugar este domingo nun clima de desconfianza e denuncias por irregularidades e manipulación.

Máis en Mundo
Comentarios