EUA

Manning, condenado a 35 anos de cárcere por filtrar información a Wikileaks

O xa ex-soldado é expulsado “sen honra” do exército dos Estados Unidos tras facilitar o coñecemento público das prácticas exteriores do seu Goberno.

Bradley Manning
photo_camera Bradley Manning

A xustiza militar estadounidense vén de condenar a 35 anos de cadea ao soldado Bradley Manning, acusado de filtrar máis de 700.000 documentos secretos ao portal Wikileaks. A xuíz tamén ordenou a expulsión sen honras de Manning do exército.

Segundo a Fiscalía, as filtracións do xa ex-soldado puxeron en perigo vidas de cidadáns estadounidenses. Pola súa parte, a Defensa de Manning, sobre o que pesou a ameaza da cadea perpetua o que lle presionou para pedir perdón, aseguraba que a filtración permitiu abrir un debate sobre a política exterior militar estadounidense, xa que os documentos que fixo públicos confirmaban prácticas abusivas do goberno e as inxerencias das súas embaixadas.

Pola súa parte, as organizacións de defensa das liberdades civís denuncian que o proceso buscaba o obxectivo de evitar novas fugas e que non se coñezan máis casos como o de Manning ou a espionaxe masiva do goberno de EUA que denunciou Edward Snowden.

Máis en Mundo
Comentarios