O Tribunal da Haia investiga a Álvaro Uribe por crimes contra a humanidade

Entre as denuncias, a Fiscalía investiga os máis de 3.000 campesiñ@s asasinados no caso dos 'falsos positivos'.

A Álvaro Uribe acumúlanselle as denuncias pola súa actuación entre 2002 e 2010. A fiscalía da Corte Penal Internacional está a investigar varias denuncias contra o ex-presidente de Colombia por crimes contra os Dereitos Humanos e a Comisión de Paz do Congreso de Colombia ten datos sobre as súas actuacións contra a oposición.

A primeira presenta un informe no que se difunden datos sobre o caso dos 'falsos positivos', o asasinato de máis de 3.000 campesiñ@s que as autoridades do goberno colombiano presentaban como guerrilleiros das FARC mort@s en combate. Segundo fontes da fiscalía estas mortes realizábanse "para aumentar os índices de éxito militar" na sociedade.

A denuncia por acoso contra membros da oposición realizouna Yván Cepeda, Co-Presidente da Comisión de Paz do Congreso de Colombia

A denuncia por acoso contra membros da oposición realizouna Yván Cepeda, co-presidente da Comisión de Paz do Congreso de Colombia e deputado polo "Polo Democrático". En declaracións aos medios de comunicación este defensor dos dereitos humanos asegurou que os servizos secretos de Uribe realizaron "delitos de persecución contra opositores, maxistrados, políticos e xornalistas" con detencións e seguimentos ilegais. Após estas accións algunhas remataban con asasinatos, segundo Cepeda.

Ameazas de morte a Cepeda

O co-presidente da Comisión de Paz do Congreso de Colombia denunciou estes días que recibiu ameazas de morte após as denuncias que realizou contra Uribe. O propio Yván Cepeda viviu de perto a violencia gobernamental. Seu pai, Manuel Cepeda, fora asasinado en 1994 e a Corte Interamericana culpara ao Estado desa morte logo das denuncias presentadas.

O congresista colombiano asegura no seu blogue que a intención de atentar contra a súa vida é paralela a unha campaña de desprestixio que tenta desvirtuar o seu traballo parlamentario e "busca a intimidación no intre en que Álvaro Uribe comeza a súa campaña política".

Máis en Mundo
Comentarios