UNHA EMBARAZADA E A SúA FILLA, ASASINADAS

Israel incrementa a súa violencia e provoca máis mortes

As forzas aéreas israelís lanzaron esta madrugada ataques contra a Faixa de Gaza que provocaron a morte dunha muller embarazada e dunha nena. A tensión está a volverse máis crúa entre Israel e Palestina.

gaza2
photo_camera Nenos en Gaza

No que vai de mes xa son 22 os palestinos asasinados por Israel, vítimas de ataques en Xerusalén, na ocupada Cisxordania e Gaza. Ademais, esta madrugada, forzas israelís lanzaron ataques na Faixa de Gaza e provocaron a morte dunha muller embarazada e da súa filla.

No balance do ataque desta madrugada tamén hai casas derrubadas e persoas feridas. Israel xustificou o ataque alegando que se produciu tras o lanzamento dun mísil, cuxa procedencia se descoñece, e sinalando que o obxectivo eran dúas zonas con armas de Hamás.

Durante as últimas semanas estanse a rexistrar fortes enfrontamentos entre mozos palestinos e soldados israelís. A violencia de Israel aumentou logo das numerosas manifestacións do pobo palestino contra as políticas racistas do Estado xudeu.

Máis en Mundo
Comentarios