Israel castigará até con vinte anos de cárcere os palestinos que lancen pedras contra coches

"Un terrorista é un terrorista alén da arma que utilice", asegura o goberno israelí, que aposta así por profundar nas medidas represivas cunha lexislación moi dura que apunta a Palestina. 

israel palestina
photo_camera Represión en Palestina

O Goberno israelí aprobou este domingo en Consello de Ministros unha reforma penal que prevé ata 20 anos de cárcere para quen lance pedras ou outro obxecto contra coches, unha medida que pretende poñer freo aos disturbios desatados nos últimos días en Xerusalén entre a Policía e mozos palestinos contrarios á ocupación do seu territorio.

"Un terrorista é un terrorista. Non importa que arma utilice", dixo a ministra de Xustiza, Tzipi Livni. "Os cidadáns israelís non deben vivir con medo a quen lanza pedras. Israel debe responder con resolución a todos os actos de terrorismo", engadiu.

En concreto, a reforma prevé até 10 anos de prisión para quen lance pedras e dane un vehículo e como consecuencia “poña en perigo a vida dun dos seus pasaxeiros ou dun transeúnte”. Inclúe até 20 anos para quen guinde pedras ou outros obxectos contra vehículos coa intención de poñer en perigo a vida dunha persoa.

Máis en Mundo
Comentarios