Israel aumenta os ataques contra Gaza

Esta madrugada a aviación israelí realizou máis de cen ataques en poucas horas. O número de mortes desde o comezo da ofensiva elévase a 142 persoas. Israel asegura que continuarán os ataques mentres negocian. Clinton admite que chegou para axudar a Israel.
Bombardeos en Gaza
photo_camera Bombardeos en Gaza contra vivendas e edificios civís

Segundo a axencia de noticias palestianiana Maan, o portavoz do exército israelí Yoav Mordechai asegurou que continuaran co bombardeo de Gaza durante as negociacións para un cesamento do fogo. Esta mesma madrugada a aviación de Israel realizou máis de cen ataques en diversos puntos da Faixa de Gaza e algúns deles alcanzaron vivendas civís e edificios del Goberno gazací. Segundo Maan a intensidade chegou a ser tan forte como para contabilizarse un ataque cada 10 minutos.

A prensa tamén estivo no punto de mira nos bombardeos de esta madrugada. Algún dos ataques afectaron instalacións da axencia francesa AFP, da cadena de televisión qatarí Al Yazira e da estadounidense AP. Segundo algunhas informacións resultou ferido un xornalista da televisión iraní Press TV.

Clinton en Israel

A secretaria de Estado norteamericana, Hillary Clinton, chegou xa a Israel. Segundo informan algunahs axencias internacionais, nunha conferencia de prensa ao lado do primeiro-ministro israelí, Benjamin Netanyahu, dixo que viñera "para traballar con vostedes (Israel) e cos nosos aliados" para rematar cos "ataques terroristas sobre as cidades e povoados israelís". A diplomática norteamericana non quixo comentar os ataques á poboación realizados estes días polo exército de Israel e que causaron 142 vítimas.

O responsábel de Relacións Exteriores de Hamas, Osama Hamedan, realizou unhas declaracións á canle Al Jazeera na que insistiu “no cese dos asasinatos e na fin do bloqueo".

Máis en Mundo
Comentarios