ESCúDASE EN “AMEAZAS POR TWITTER”

Indignación polas escusas de Fernández Díaz sobre a reunión con Rato

Máis de 400 ameazas a través de Twitter. Esta foi a xustificación que ofreceu o ministro español de Interior, Jorge Fernández Díaz, en relación á súa recente reunión con Rodrigo Rato. A intervención de Fernández Díaz no Congreso provocou unha grande indignación.

Rodrigo Rato
photo_camera Rodrigo Rato

Logo da polémica xurdida pola reunión que mantivo o ministro español de Interior con Rato, Fernández Díaz escúdase. Non considera esta xuntanza reprochábel “nin legal nin eticamente” e xustifícaa nunhas supostas ameazas ao ex vicepresidente imputado no “caso Bankia”. Segundo o ministro español, nesta reunión non se falaría de máis nada.

“Foi atacado e increpado e recibiu repetidas ameazas, especialmente nas redes sociais: máis de 400 mensaxes ameazadoras en Twitter”, sinalou Fernández Díaz no Congreso, unha xustificación que provocou unha forte indignación entre os grupos da oposición, que solicitaron a súa dimisión inmediata polo que consideran unha escusa “absurda”, “irresponsábel”, “escandalosa” e “unha milonga”. Houbo quen foi máis alá e pediulle responsabilidades ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy.

O ministro español aproveitou a súa comparecencia no Congreso para criticar o proceso independentista de Cataluña. Fernández Díaz apelou as formacións soberanistas catalás a seren prudentes, a respectar a lei e o Estado de dereito.

Máis en Mundo
Comentarios