O IGADI detecta no seu informe anual o declive dos Estados Unidos e a relevancia de Rusia

O IGADI vén de facer público o seu Informe Anual sobre a situación internacional do 2013 no que destaca a relevancia de Rusia fronte ao declive da influencia dos Estados Unidos. O informe repara tamén no auxe de China e o destaque de Brasil, Xapón, Turquía e India. 

Consello Reitor do IGADI
photo_camera Consello Reitor do IGADI

A evolución da situación internacional no 2013 vén marcada, segundo o informe anual que vén de publicar o IGADI pola relevancia de Rusia e unha perda da influencia dos Estados Unidos, malia continuar a ser a primeira potencia global. China completaría a triada de grandes potencias imprescindíbeis, segundo o instituto, para as grandes negociacións internacionais. 

Brasil, Xapón, Turquía e a India son as identificadas como “potencias medias en alza” polo IGADI no marco dese mundo no que se están a producir mudanzas “a gran velocidade” no que se está a dar un “reposicionamento” de países en áreas que define como de gran proxección como son Oriente Medio ou Asia-Pacífico e que, segundo apuntan, poderían dar sorpresas neste ano 2014. 

O IGADI disponibiliza o seu informe na rede, unha edición que, coa dirección de Xulio Ríos conta coa colaboración de David Alvarado, Ricardo Antunes, Lucía Díez Sanjuán, Xoán R. Doldán García, Javier Fernández Prol, Daniel González Palau, Roberto Mansilla, Roberto Montoya, Marcelo Javier de los Reyes, Alfredo Toro Hardy ou Anna Zizka.

Máis en Mundo
Comentarios