Hoxe Francia non ratificaría o Tratado de Maastritcht

De se celebrar agora o referendo de 1992, en que gañou o “si” pola mínima, o 64% d@s frances@s votaría “non”. Unha ampla maioría cre que o euro foi prexudicial para a economía, o emprego e os prezos.
figaro
photo_camera Portada de hoxe do xornal francés Le Figaro

O xornal francés Le Figaro abriu a súa portada de hoxe dando conta dos resultados dunha sondaxe de Ifop, coincidindo co vixésimo aniversario da ratificación francesa do denominado Tratado de Maastritcht, con que nace a unión política europea. O 20 de setembro de 1992 celebrouse o referendo en que o “si” gañou por un estreitísimo 51%.

De se celebrar agora a mesma consulta un 64% d@s enquisad@s --nad@s antes de 1974-- votaría contra o Tratado da Unión Europea. Entre as causas que explicarían esa viraxe, máis aguda se se ten en conta que en 1999 o 53% acreditaban a que a UE ía na boa dirección, atópase a desafección popular por mor dos efectos das políticas europeas sobre a maioría social. Entre elas destaca a valoración negativa que @s frances@s fan da moeda única.

O 61% das persoas consultadas cren que o euro tivo un impacto negativo na economía. Un 63% considera que foi un factor prexudicial para o desemprego e un 89% que empeorou os prezos. Para o 45% o euro representa unha desvantaxe para superar a crise.

Máis en Mundo
Comentarios