AS RúAS, TOMADAS POR POLICíA

O goberno belga alarma o pobo ante un posíbel ataque terrorista "serio e inminente"

O Goberno belga aumentou na mañá do sábado o nivel 4 de alerta, o máximo, ante un posíbel ataque terrorista “serio e inminente”. Segundo o Órgano de Coordinación para a Análise de Ameazas (OCAM) podería producirse un atentado semellante ao de París.

Militares Bruxelas
photo_camera [Imaxe: @lwtharoId] Vehículos militares en Bruxelas

O nivel 4 de alerta, o máximo, permanece activo desde a mañá do sábado en Bruxelas, logo de que o Órgano de Coordinación para a Análise de Ameazas (OCAM) alertara dun posíbel ataque terrorista “serio e inminente”, semellante ao atentado de París. Este nivel de alerta implicou un aumento de forzas de seguridade e militares na rúa e mesmo o feche temporal da rede de metro, que volverá abrir o domingo ás 15h. "Parece a guerra", sinalan habitantes de Bruxelas nas redes sociais ante a alarma que causou este anuncio entre o pobo.

Amais das citadas medidas, as autoridades aconsellan a anulación de grandes eventos en Bruxelas, incluídos acontecementos deportivos, e evitar os espazos con grande afluencia de persoas, como estacións, concertos, aeroportos ou grandes estabelecementos comerciais. É a segunda vez, na historia recente, que Bruxelas decreta o máximo nivel de alerta.

Máis en Mundo
Comentarios