Gaza precisaría vinte anos para recuperar todo o que destruíu Israel en dous meses

Os bombardeos das últimas semanas non só teñen causado milleiros de falecid@s e ferid@s, senó tamén estragos que resultan case imposíbeis de arranxar a curto prazo.

GAZA
photo_camera GAZA

A campaña de bombardeos indiscriminados que chamou 'Marxe Protectora' o Exército israelí e que se dirixou de forma salvaxe contra a poboación palestina de Gaza causou xa máis de 2.100 mortes e a maior destrución vista no territorio aínda palestino nos últimos vinte anos. Tanto que se esperae que a reconstrución da Franxa podería durar outros tantos (dúas décadas) a un custo de entre 3.000 e 4.500 millóns de euros, segundo as primeiras estimacións de ONG's.

Oxfam e Shelter Cluster aseguran que estas estimacións inclúen o custo da reconstrución de 200 escolas, 15 hospitais e 17.000 vivendas e da única planta enerxética da pequena zona, destruídas durante os bombardeos israelís, así como doutras infraestructuras, como estradas.

ONU

A esta cantidade súmanse os case 300 millóns de euros solicitados por Nacións Unidas para alimentos, auga potábel, novas escolas e, sobre todo, aloxamento para as máis de 100.000 persoas que agora mesmo se atopan sen fogar en Gaza

Máis en Mundo
Comentarios