Falece Emilio Botín

O presidente dun dos maiores grupos financeiros mundiais finou esta cuarta feira en Madrid.

Emilio Botín
photo_camera Emilio Botín

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) comunicou na mañá do 10 de setembro o falecemento do presidente do Banco Santander, Emilio Botín. O banqueiro, líder dun dos maiores grupos financeiros mundiais, tiña 79 anos e morreu froito dun ataque cardíaco en Madrid. 

A súa fortuna está fixada en 1,1 billóns de euros e situouse nos últimos anos como unha das persoas máis influentes do Estado español. Neste senso, o presidente do goberno, Mariano Rajoy, tildou de "mazazo" a nova do falecemento do banqueiro de quen dixo era "un embaixador" da "Marca España" e un "home home comprometido co seu país". 

Emilio Botín foi unha das persoas defensoras do resgate bancario que, con fondos públicos, financiou a Unión Europea e o Banco de España ás entidades financeiras con problemas de liquidez. Entre elas atopábanse as caixas de aforro galegas que após a súa fusión e bancarización foron vendidas ao grupo financeiro venezolano, Banesco.

Máis en Mundo
Comentarios