FAES afirma que o proceso soberanista catalán é unha ameaza para a paz

A fundación FAES, presidida polo ex presidente José María Aznar, publica na súa páxina web un argumentario en que defende que o proceso soberanista catalán “busca a ruptura, a quebra da convivencia e a paz” e dará como resultado unha Catalunya “pobre e desgarrada”. 

José María Aznar

A fundación FAES, presidida polo ex presidente do PP José María Aznar, puxo en circulación a través da súa páxina web un amplo argumentario en que cualifica o proceso soberanista catalán de ameaza para a paz e para a convivencia. Segundo recolle o xornal Ara, o informe é coincidente co remitido polo ministro José Manuel García-Margallo á diplomacia española para poñer freo ao soberanismo, porén aínda máis radicalizado. 

Considera o soberanismo catalán como “un proxecto ideolóxico radical e populista” e unha seria ameaza para a paz. Titulado “20 preguntas con resposta sobre a secesión de Cataluña”, o informe afirma que que a secesión probabelmente é o máis absurdo e gratuitamente destrutivo empeño político, económico e social da historia de Catalunya” e lembra que xa analizara a situación en 2012 no documento “O mito fiscal. Razóns para un debate”. 

“Mentres se fabrica unha memoria de espolios e agravios esquécese que as liberdades e o autogoberno son posíbeis pola Constitución, non a pesar dela”, defende a Fundación de Aznar. “Catalán e español non foron nunca términos excluentes, por iso, a pretensión de os separar só pode ser traumática”, argumentan, dun proceso que tería como resultado, “unha Catalunya pobre, desgarrada -como o estaría España- e illada”. 

Máis en Mundo
Comentarios