ASEGURA NUN MEDIO DIXITAL QUE APOIARá OS EUROESCéPTICOS DE UNIDADE POPULAR

O exministro Yanis Varoufakis votará contra a Syriza de Tsipras

O que fora máximo responsábel da política económica do goberno grego cre imprescindíbel oporse ás imposicións da Troika

syriza-crop
photo_camera Syriza gañou as eleccións de xaneiro

O exministro grego de Fianzas, Yanis Varoufakis, anunciou no dixital Press Project que votará polo partido Unidade Popular do euroescéptico Panayotis Lafazanis, a quen, malia os apoios doutros exmembros do goberno de Syriza, como Nadia Valavani e Kostas Isichos, os últimos inquéritos apenas lle conceden o 3% dos votos. 
Varoufakis, que dimitiu en plena negociación coa Troika para facilitar o acordo que conduciría a un novo rescate asinado finalmente a mediados de xullo, anima ao pobo grego a apoiar nas urnas as opcións que se opoñan ao plan de austeridade deseñado pola Comisión Europea e o Fondo Monetario Internacional. Este acordo, que ignorou o resultado do referendo convocado por Syriza uns días antes, contempla duras medidas para o pobo grego, como a suba dos impostos e a privatización dun feixe de empresas públicas. 
As últimas prospeccións de voto  outórganlle a Syriza unha vitoria axustada nos comicios de mañá. Imporíase así por unha pequena marxe aos conservadores de Nova Democracia. 

Máis en Mundo
Comentarios