O FMI NON PARTICIPA DESTE PROGRAMA

O Eurogrupo aproba o terceiro resgate a Grecia por 86.000 millóns

Finalmente, os ministros de Economía e Finanzas da eurozona aprobaron o terceiro resgate de Grecia por un prazo de tres anos e por valor de 86.000 millóns de euros. 

euro
photo_camera euro

86.000 millóns de euros é a contía do terceiro resgate da economía grega, por un prazo de tres anos. Así o veñen de aprobar esta sexta feira os ministros de Economía e Finanzas da eurozona, malia as reservas de Alemaña e doutros países críticos coas negociacións. O acordo chega despois de que o Parlamento grego aprobara este terceiro resgate na mañá de onte. Fíxoo con 222 votos a favor de 300. Votaron en contra 64 parlamentares (32 membros de Syriza), aos que se sumaron 11 abstencións e tres ausencias.

Espérase que o primeiro pagamento teña lugar esta quinta feira, 20 de agosto, a tempo para que o Goberno de Alexis Tsipras pague un vencemento de 3.200 millóns, máis xuros, co Banco Central Europeo (BCE). Para facer isto posíbel, é necesario que sete parlamentos, entre eles o alemán –o máis crítico co resgate- ratifiquen o acordo do Eurogrupo. Este primeiro pagamento tamén iría destinado á devolución aos estados membros do empréstito urxente de 7.160 millóns que lle concederon a Grecia o pasado mes de xullo.

O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, recoñeceu que a directora do Fondo Monetario Internacional (FMI), Christine Lagarde, “non pode comprometerse” sobre a participación do fondo. Informou de que levará a debate a participación do FMI no programa en outubro.

Máis en Mundo
Comentarios