ESPIONAXE

Estados Unidos colocou micrófonos no edificio da ONU

A NSA espiou á Axencia Internacional da Enerxía Atómica ou o consulado da Unión Europea, segundo desvelan documentos filtrados por Edward Snowden.

Sede das Nacións Unidas en Washington DC
photo_camera Sede das Nacións Unidas en Washington DC

A Axencia de Seguridade Nacional (NSA) de Estados Unidos colocou micrófonos na sede de Nacións Unidas (ONU) en Nova York, segundo informou este domingo o semanario alemán 'Der Spiegel', citando unha nova rolda de documentos secretos divulgados polo ex traballador da axencia, Edward Snowden, perseguido polo goberno de Obama

Nestes documentos revélase que a NSA non só tiña á ONU como obxectivo da súa espionaxe, senón concretamente á Axencia Internacional da Enerxía Atómica, o organismo de Nacións Unidas especializado na investigación do programa nuclear de varios estados, como por exemplo Irán.

Os arquivos tamén indican que a NSA espiou o consulado da UE en Nova York despois de que se trasladase ás súas novas oficinas no outono de 2012. Os documentos foron copiados por Snowden dos propios ordenadores da axencia estadounidense.

Máis en Mundo
Comentarios