RELACIóNS EUA-CUBA

Esixen a devolución do territorio de Guantánamo a Cuba

Con motivo da apertura das relacións diplomáticas entre os Estados Unidos de América e Cuba, a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC) esixe a devolución a Cuba do territorio de Guantánamo, ocupado de maneira ilegal polos EUA.

[Imaxe: US Force] Soldados en Guantánamo
photo_camera [Imaxe: US Force] Soldados en Guantánamo

Como parte das accións que consideran necesarias para avanzar na normalización das relacións diplomáticas entre os EUA e CUBA, a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC) emitiu un comunicado no que considera “esencial” a devolución a Cuba do territorio de Guantánamo.

No texto, o organismo considera que a devolución a Cuba “do territorio que ocupa a Base Naval dos Estados Unidos en Guantánamo debe ser un elemento relevante deste proceso, mediante un diálogo bilateral apegado ao Dereito Internacional”.

Máis en Mundo
Comentarios