Eran 47 e non 22 os millóns de euros que Bárcenas tiña en Suíza

O extesoureiro do PP, Luís Bárcenas non tiña 22 millóns en Suíza, tiña 47. A investigación do xuíz Pablo Ruz descobre agora 25 millóns de euros máis. 

Luís Bárcenas
photo_camera Luís Bárcenas

Aos 22 millóns de euros do Dresdner Bank de Zürich aos que o xuíz tivera acceso súmanse agora 25 máis na banca Lombard Odier, segundo datos obtidos agora por medio da comisión rogatoria, cifra que supera os 38 que Bárcenas confesara na última declaración xudicial. 

Con estes datos sobre a mesa e o informe dos distintos movementos financieiro efectuados por Bárcenas, o xuíz Ruz reclama tanto á policía como á Axencia Tributaria un informe coa valoración dos datos obtidos de Suíza, para manexalo antes do 27 de xuño, data na que terá que declarar de novo Luís Bárcenas e a súa esposa Rosalía Iglesia. A nome de Rosalía Iglesias está unha das contas atopadas no Lombard Odier xunto con outras dúas que responden ao nome Obispado e Ranke, vinculadas ao que foi tesoureiro do PP desde o tempo de Aznar até xullo de 2009 en que dimitiu tras ser imputado polo Tribunal Supremo pola súa implicación no caso Gurtel, seguindo mesmo así no cadro de persoal do partido presidido por Rajoy.

Máis en Mundo
Comentarios