Carlos Dívar comunicou a súa decisión hoxe aos 20 vocais nada más comenzar o Pleno. Fernando de Rosa, vicepresidente do CGPX, compareceu ás 12:30 horas para anunciar os detalles desta dimisión. Diante dos medios de comunicación De Rosa limitouse a agradecer o traballo realizado por Dívar nestes últimos anos e anunciar que dirixirá o CGPX até que a presidencia pase, seguramente, ao maxistrado Juan Antonio Xiol, o presidente de sala máis antigo. Agora os seguintes pasos son a comunicación a El-Rey e ao Ministerio de Xustiza para que publiquen este cese no BOE.
De Rosa informou da dimisión do presidente do Poder Xudicial despois do Pleno
Carlos Dívar convírtese no primeiro presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) e do Tribunal Supremo que dimite despois do escándalo das viaxes.