EUROPA

O paro subiu un 129 por cento en Grecia logo da intervención da Troika

O efecto das medidas neoliberais segue a crear miseria no país heleno, onde o paro marca rexistros históricos de máis do 27 por cento, dirixíndose cara o 70 entre a mocidade e cun ascenso brutal desde a perda de soberanía en 2010.

Manifestación en Grecia
photo_camera Manifestación en Grecia

O laboratorio neoliberal no que a Troika converteu Grecia non para de ofrecer datos aterradores. A taxa de desemprego no país alcanzou o pasado mes de maio un récord do 27,6%, seis décimas máis que en abril e case catro puntos máis que un ano antes, segundo os datos publicados polo servizo grego de estatísticas, Elstat. É máis do dobre desde que o país caeu baixo o dominio da Troika.

En concreto, un total de 1,381 millóns de persoas carecían de emprego en maio, cifra que seguramente xa será maior tres meses despois e representa un incremento do 16,3% en doce meses e do 2,3% respecto ao mes de abril. En comparación con maio de 2010, cando Grecia foi intervida pola Troika, a cifra de desempregad@s incrementouse un 129,4%. Entón a taxa de paro do país heleno situábase no 12%.

Pola súa banda, o paro masculino alcanzou o 24,6%, fronte ao 21% de fai un ano, mentres o desemprego feminino é maior e confirma ás mulleres como vítimas da austeridade ao irse até o 31,6%, desde o 27,7% de maio de 2012.

No caso d@s menores de 25 anos, a taxa de paro correspondente situouse nun 64,9% e analistas cren que pode alcanzar o 70 por cento.

Máis en Mundo
Comentarios