Cuba acusa Estados Unidos de vetar acordos contra o racismo

“Bloquea xunto á UE a creación de novas normas”, asegura

Após a participación nun Comité sobre elaboración de normas para o consello de Dereitos Humanos en Bruxelas, a delegación de Cuba denunciou que “países occidentais, liderados por Estados Unidos e a Unión Europea, bloquean acordos substantivos contra o racismo, a discriminación, a xenofobia e outras formas de intolerancia, lacras que son bastante habituais nos seus países”.

Segundo Cuba, os representantes de Washington e Bruxelas opuxéronse tamén á achega de discutir na próxima sesión outros temas, como os actos discriminatorios cometidos nos medios de comunicación ou as novas tecnoloxías, así como a incitación ao odio racial, étnico ou relixioso. “Así non se poden completar as normas internacionais sobre a materia”, afirmou a delegación caribeña.

Máis en Mundo
Comentarios