Sesenta mortes nunha noite no salvaxe bombardeo israelí contra a poboación de Shajaia

Mulleres, nen@s, médicos ou xornalistas entre as novas vítimas dunha infernal xornada en Gaza, que levou a Hamas a pedir dúas horas de tregua humanitaria para poder atender ás persoas feridas, que son máis de 200.

Palestina
photo_camera Palestina

Polo menos 60 persoas faleceron por un bombardeo israelí na localidade gazacíe de Shajaia, segundo informaron fontes do Ministerio de Saúde da Faixa de Gaza á axencia de noticias palestina Maan. Israel atacou tamén por terra a zona e suma xa uns 400 asasinatos desde que comezou a ofensiva contra a poboación palestina, sendo mulleres e nen@s as principais vítimas a pesar dos avisos antes dos bombardeos, que están provocando fuxidas a milleiros e graves problemas humanitarios. A chamada Comunidade Internacional segue á espera, sen pedirlle a Israel que paralice a matanza.

Ademais dos alomenos 60 mortos en Shajaia -entre eles un médico e un xornalista, aos que Israel xa avisou que non respectaría- o bombardeo de causou ademais máis de 200 feridos, a maioría dos cales foron trasladados ao hospital da o Shifa.

Entre os falecidos atópanse Osmal Jalil Al Hayya, o fillo de Jalil Al Hayya, un alto responsábel do movemento islamista Hamás, así como a súa cuñada e dous netos. Ante a gravidade do bombardeo, Hamas pediu a Israel unha tregua humanitaria de dúas horas para poder atender ás persoas feridas.

Máis en Mundo
Comentarios