O Congreso do Sinn Féin marca como obxectivo chegar ao Goberno na República

Xavier Vence acode á xuntanza da formación irlandesa, a primeira vez que un líder do BNG é convidado a un evento así, onde a histórica forza que lidera Gerry Adamas rexeitou pactar coa dereita na Irlanda independente.  

congreso-crop
photo_camera Congreso do Sinn Féin /S.F.

Comezou o Congreso do Sinn Féin, (o Ard Fheis 2015) en Derry, a cidade máis republicana do Ulster, onde a forza política que lidera Gerry Adams marcarase como obxectivo acceder ao Goberno da Irlanda independizada, para así camiñar cara a reunificación nacional. Ao Congreso acudirá o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, no que é a primeira vez que un líder do Bloque acode a este evento. 

O Sinn Féin focaliza este Congreso na procura da reunificación, obxectivo histórico que consideran factíbel nestes intres, xa que ao seu Goberno de coalición na Irlanda ocupada polo Reino Unido poderíase sumar o do territorio independizado, no que desde 2008 está a subir nas enquisas, onde pasou de quinta a segunda forza e espera alcanzar o poder en 2016, o que unido aos folgos que contaxiou o proceso escocés de autodeterminación concede grandes opcións a unha posibilidade de reunificación política da illa. 

Porén, a forza republicana ten máis prioridades, como loitar contra a austeridade. Pois iso, aprobou na súa primeira xornada non pactar na República coas forzas da dereita -Finn Gael e Fianna Fail- sendo o Partido Laborista o único socio posíbel, e sempre como acompañante dun Sinn Féin co que o BNG, segundo afirmou Vence, comparte “a aposta pola soberanía dos pobos”.

Máis en Mundo
Comentarios