Chávez, moi por diante da oposición nos inquéritos

Telesur fala dunha diferenza do vinte por cento a prol do actual presidente.
Chávez, tras un regreso de Cuba
photo_camera Chávez, tras un regreso de Cuba

Existe unha grande diferenza entre a intención de voto no presidente de Venezuela, Hugo Chávez, e no candidato da oposición, Henrique Capriles, que aumentou o 19 por cento a favor do actual mandatario, segundo o inquérito publicado pola Axencia de Noticias Venezolana.

O 53 por cento dos enquisados votaría a Chávez se as eleccións presidenciais fosen xa, mentres que un 34 por cento apostaría por Cabriles. Telesur, que tamén participou no inquérito, destaca que o 66 por cento dos votantes aproba a xestión de Chávez nos trece anos que leva no Goberno.

Así as cousas, case seis de cada dez venezolanos considera que Chávez coñece con maior precisión os problemas do país. Nesta mesma proporción, os enquisados prefiren as alternativas políticas e os principios morais do líder bolivariano.

Máis en Mundo
Comentarios