Boicote queer, gay, lésbico e transexual a Israel

Persoas e colectivos ligados ao movemento LGBT e queer piden o boicote a Israel porque, segundo din, a defensa dos seus dereitos é incompatíbel co “rexime de terror” sobre o pobo palestino. 

Bandeira palestina
photo_camera Bandeira palestina

“Con apartheid e ocupación non hai orgullo” é o lema da nova campaña de BDS-Galiza que se incorpora ás xa existentes do mundo do deporte ou a cultura.  Lesbianas, gais, bisexuais e transexuais vinculadas ao activismo na Galiza súmanse campaña internacional de Boicote, Desinvestimento e Sancións a Israel botando a andar un manifesto de apoio no que se reclama o fin da ocupación e a colonización e desmantelamento do muro que divide Palestina, o recoñecemento dos dereitos fundamentais do pobo palestiniano e o respecto, protección e promoción do dereito ao retorno das persoas expulsadas da súa terra. 

“Con apartheid e ocupación non hai orgullo” di o lema da campaña.

O manifesto comezou a rular arredor do Día do Orgullo e acadou desde o seu inicio o apoio de arredor de cen persoas e colectivos xa na propia xornada. Súmanse así a unha denuncia que quixo desenmascarar tamén a campaña de imaxe internacional de Israel como valedora dos dereitos de lesbianas, gais, bixesuais e transexuais e o intento de converter Telavide como lugar de vacacións no que cualifican como “lavaxen rosa” . “Un instrumento co que Israel trata de ocultar o apartheid e os crimes de guerra sob a bandeira multicor da liberdade sexual”, comentan. 

Recollen tamén as denuncias da organización LGBT palestiniana ASWAAT e a israelita Black Laundry segundo as que nas últimas décadas se ten incrementado a homofobia e o machismo nos territorios ocupados. “A militarización empeorou as condicións de vida e os dereitos das mulleres e da minorías sexuais como a LGBT Gays, lésbicas e trans dos territorios palestinianos sofren, alén do aumento da homofobia, a opresión diaria como non-cidadáns dun pobo ocupado” sinalan. 

Máis en Mundo
Comentarios