O Banco Mundial recoñece a necesidade de crecemento para saír da crise

Para este organismo internacional se non hai investimentos vai ser imposíbel saír da difícil situación económica en que nos atopamos.
Sede do Banco Mundial
photo_camera Sede do Banco Mundial


O Banco Mundial recoñeceu a necesidade de lograr crecemento económico antes de aplicar reformas estruturais en Europa e Estados Unidos, como vía para saír da crise. O presidente dese organismo multilateral, Robert Zoellick, asegurou que para o éxito dos cambios que demanda o sistema financeiro e reducir as débedas públicas, ambas as dúas accións deben ir da man do aumento do produto interno bruto dos países europeos e de EUA
Precisou á cadea de televisión CNBC que no caso de Europa a situación depende do que pase en Italia e o Estado español, pois os dous aplican políticas para equilibraren os seus orzamentos. Tamén introducen reformas estruturais, mais iso é moi difícil de facer nun contexto sen crecemento económico, apuntou Zoellick. Insistiu en que un dos desafíos e non só para Europa, senón tamén para Estados Unidos, é tratar de se comprometer con reformas estruturais ao tempo que haxa crecemento.

A situación depende do que aconteza en Italia e o Estado español

No caso de Francia considerou que, de gañar as eleccións o candidato socialista Francois Hollande, se espera un acordo europeo para intentar completar certas estruturas de investimento que sosteñan as reformas financeiras. Recordou que Hollande propón unha renegociación do tratado europeo de disciplina orzamental, co obxectivo de engadir algunhas medidas que poderían estimular o crecemento. Asegurou estar convencido de que o conxunto de dirixentes europe@s estarán a favor do incremento da produción.

Máis en Mundo
Comentarios