As fortunas agochadas en paraísos fiscais equivalen á suma das economías do Xapón e os EUA


Un relatorio publicado na web Tax Justice, constitúe o maior estudo a respecto da riqueza privada colocada nos mercados offshores ou paraísos fiscais. O seu autor, James S. Henry, salienta que mentres a riqueza está en mans de pouca xente moi rica, as súas débedas recaen sobre o conxunto da cidadanía.  

photo_camera Foto:esquerda.net

Un estudo elaborado polo economista e investigador estadounidense James S. Henry a partir dos datos recollidos polo Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional, as Nacións Unidas, os bancos centrais, tesouros nacionais e o Banco de Compensacións Internacionais, destapa o xigantesco buraco negro da economía mundial que dá acubillo a máis de 10 billóns de euros.

As persoas posuídoras do capital representan menos de dez millóns de persoas (14% da poboación mundial). Non obstante, só as 100 mil máis ricas do mundo concentran 8 billóns de euros en paraísos fiscais, entre eles, as grandes entidades financeiras mundiais – a estadounidense UBS, a suíza Credit Suisse ou Goldman Sachs.

Unha necesaria reforma fiscal

Se os bens colocados polos seus millonarios no estranxeiro estivesen suxeitos á debida presión impositiva, o autor do estudo James S. Henry, salienta que os beneficios acadados polo diñeiro agochado -caso de render un xuro anual do 3%, de seren taxados ao 30%, suporían un ingreso de 230 mil millóns de euros nun ano para as arcas públicas, isto é, aproximadamente o triplo do valor emprestado pola troika a Portugal.

James S. Henry asegura no estudo que "posto que a maior parte da riqueza financeira escondida pertence a unha pequena elite, o impacto é impresionante.", asemda, asegura que a desigualdade financeira é moito maior do que sospeitaban e asegura, "está a medrar moito máis depresa."

S. Henry tilda de cómplices ás institucións político – financeiras internacionais, tales coma o FMI, o Banco Mundial, a OCDE ou o G20, ao saberen da información achegada polo seu estudo (recollida asemade das súas bases de datos) e non teren feito nada para controlar devandita fuga de capitais.

 

Máis en Mundo
Comentarios