Condenan ao ditador Videla a 50 anos de cárcere polo roubo de crianzas na Arxentina

A xustiza condenou, despois de quince meses de debate, a 50 anos de prisión para Videla e 15 para Bignone polo caso das crianzas roubadas.
Videla e Bignone
photo_camera O xuizo contra a ditadura

O Tribunal Oral Federal 6 de Bos Aires, despois de quince meses de debate, condenou aos ditadores Jorge Rafael Videla e Reynaldo Benito Bignone por "sustracción, retención e ocultamento" de fillas e fillos de desaparecidos durante a última ditadura cívico-militar, en vinte e treinta e un casos, respectivamente. A sentenza tamén dictou 30 e 40 anos de "prisión e inhabilitación absoluta" polo mesmo prazo da condena aos represores Antonio Vañek e Jorge "El Tigre" Acosta.

Os colectivos de familias seguen a buscar aos que faltan


O Tribunal definiu o roubo de crianzas "como plan sistemático, produto dunha práctica organizada desde a cúpula do poder militar", e o día 17 de setembro realizará a lectura dos fundamentos da sentenza. Un total de 35 roubos probáronse no xuizo entre os que naceron en cautividade e os que foron secuestraddos. Un total de 26 recuperaron a súa verdadeira identidade e 20 declararon no xuizo.
Os colectivos de familias seguen a buscar aos que faltan e algúns nomes quedaron escritos nunha xornal que distribuiu Abuelas de Plaza de Mayo pola sentenza. Os seus nomes: Guido Carlotto, Ana Libertad Baratti De la Cuadra, Clara Anahí Mariani Teruggi; @ fill@ de Gabriela Carriquiriborde e Jorge Repetur; Martín Ogando Montesano; Victoria Petrakos Castellini; a filla de María Moyano e Carlos Poblete e a hija de Ana Rubén e Hugo Castro que “continúan viviendo cunha identidade falsa”.


Sentenzas:
Jorge Rafael Videla: 50 anos
Antonio Vañek: 40 anos
"Tigre" Acosta : 30 anos
Santiago Riveros: 20 anos
Reynaldo Bignone: 15 anos
Víctor Gallo: 15 anos
Juan Antonio Azic: 14 anos
Jorge Luis Magnacco: 10 anos
Inés Susana Colombo: 5 anos
Prisión efectiva. Cadea común

Máis en Mundo
Comentarios