Arabia Saudita executa 47 persoas acusadas de terrorismo

O Ministerio do Interior de Arabia Saudita informou este sábado da execución de 47 persoas acusadas de, supostamente, planificar e desenvolver ataques terroristas contra civís e forzas de seguridade.

Segundo as fontes gobernamentais, entre os asasinados atoparíase o clérigo chiita, xeque Nimr Baqir al-Nimr, considerado un dos líderes da chamada Primavera Árabe. Tamén foi un dos xefes principais das rebelións de 2011 e 2012 no país que tiveron lugar após da revolución tunecina.

De acordo co goberno, os ataques que presuntamente perpetrarían as persoas executadas, que o Ministerio relaciona con Al Qaeda, tiveron lugar entre 2003 e 2006.

O ano pasado, Arabia Saudita realizou, cando menos, 158 execucións e incrementou o número de asasinados por delitos non letais.

Máis en Mundo
Comentarios