mércores 01.04.2020

América Latina conmemora a Resistencia Indíxena fronte ao colonialismo español

Dia da Resistencia Indíxena en Venezuela, Nicaragua ou Guatemala. Día da Descolonización en Bolivia, Respecto á diversidade en Arxentina ou Día da Interculturalidade e a Plurinacionalidade. No día 12 de Outubro, América condena o exterminio do imperialismo español e celebra a resistencia de seus pobos. 

Manifestación Indíxenas
Manifestación Indíxenas

O pasado xoves, a Asemblea Nacional de Venezuela aprobou conmemorar o 521 anos da Resistencia Indíxena neste 12 de outubro, seguindo o legado do líder da Revolución Bolivariana, Hugo Chávez para reclamar os dereitos dos pobos orixinarios americanos. Chávez aprobara por decreto a celebración hai once anos, en 2002. Conmemoraban o fin do exterminio e a explotación que ao longo de 500 foron sometidos os pobos indíxenas. 

En Bolivia, Evo Morales anunciou que o 17 de outubro será proclamado o Día da Dignidade Nacional do seu país, conmemorando a data en que “os movementos sociais boliviaranos se libertaran do neoliberalismo”. Morales convocou a colectivos e organizacións sociais a se mobilizaren nesa xornada en homenaxe tamén das xeracións anteriores que deran as súas vidas pola liberación do pobo boliviarian. Morales é o primeiro presidente de orixe indíxena na historia de Bolivia. O “Día da Dignidade Nacional ocupará no calendario apenas unhas xornadas despois dun día 12 que en Bolivia pasou a ser “Día da Descolonización” 

O Día da Resistencia Indíxena conmemórase tamén en Nicaragua ou Guatemala, en resposta ao imperialismo que arrasou os seus pobos e en clara oposición á celebración do coñecido como “Día da Raza” ou “Día da Hispanidade”. 

Os pobos americanos lembran a resistencia diante do imperialismo exterminador español que oprimiu e exterminou durante séculos. De España chegou tamén a celebración do “Día da Raza” conmemoración contra a que agora se revoltan transformando a data en lembranza dos seus pobos resistentes. En Arxentina e Ecuador, a conmemoración non tomou o relevo político doutros países como Bolivia ou Venezuela mais transformouse polo “Día do Respecto á Diversidade Cultural” e en Ecuador no “Día da Interculturalidade e a Plurinacionalidade”. 

comentarios