Alemaña politiza as axudas ao desenvolvemento

O parlamento aproba, coa maioría do Partido Demócrata Liberal, xestionar doutra forma o orzamento de 95 millóns de euros que destinaba a axudas aos países máis pobres.
Fame en paises máis pobres

A pesar do rexeitamento por parte da oposición e ONGs, a comisión orzamentaria do parlamento alemán aprobou un acordo intragobernamental sobre a axuda ao desenvolvemento. A partir de agora, segundo unha noticia do portal de internet Spiegel Online, o Ministerio de Relacións Exteriores poderá manexar unha parte da axuda ao desenvolvemento. En total o ministro de Relacións Exteriores, Guido Westerwelle, terá o control sobre 95 millóns de euros que até agora forman parte do orzamento do Ministerio para Cooperación Económica e Desenvolvemento.
O ministro alemán mostrouse satisfeito pola nova regulamentación.  "Coa cooperación máis estreita entre os dous ministerios realizamos unha idea central deste goberno: a implementación dunha política exterior liderada por valores e intereses", dixo Westerwelle hoxe en Berlín.

A comisión orzamentaria da cámara baixa do parlamento alemán, o Bundestag, aprobou o convenio coa maioría gobernamental. @s deputad@s do Partido Socialdemócrata Alemán (SPD) e do partido socialista Die Linke (A Esquerda) votaron en contra, Os Verdes abstivéronse. Entrementres, representantes de ONGs protestaron contra a nova regulamentación, considerándoa como unha politización da axuda ao desenvolvemento. De feito, o goberno alemán está a insistir dentro da Unión Europea nun apoio máis contundente e máis aberto á oposición venezolana. Representantes diplomáticos alemáns defenderon esta posición durante unha reunión do Grupo de Traballo do Consello da UE sobre América Latina en abril.

Máis en Mundo
Comentarios