Achan en Catalunya o xeito de burlar a taxa de 1€ por receita médica

A polémica medida imposta pola Generalitat pode incumprirse se se receitan caixas con poucas pílulas ou doses pequenas de fármaco, calculando que ningunha receita inclúa medicamentos de máis de 1,67€, o tope máximo

Hai un xeito de evitar o pagamento do euro por receita imposto pola Generalitat coa intención de ingresar ao redor de 100 millóns ao ano e evitar o uso abusivo do sistema farmacéutico, segundo explicou o goberno catalán. A maneira de rebelarse contra este 'imposto' consiste en receitar caixas con poucas pílulas ou doses pequenas dos fármacos, coidando de que ningunha inclúa medicamentos de máis de 1,67€, o tope máximo a partir do cal habería que abonar a devandita cantidade.

Descubrírono na Sociedade catalana de medicina familiar e comunitaria, e elaboraron xunto co Focat --Fórum català d'atenció primaria-- unha listaxe dos fármacos cuxos envases permiten burlar a taxa. Na listaxe aparecen medicamentos de uso habitual como o paracetamol, o diazepan, o omeprazol ou a amoxicilina. Ben é certo que esta metodoloxía obriga á persoa enferma a acudir á farmacia con maior frecuencia, mais resultará fundamental para que todas poidan recibir tratamento, pois pacientes con dificultades económicas non poderían afrontar o repagamento.

Máis en Mundo
Comentarios