A Unión de Nacións Sudamericanas non recoñecería outro goberno en Paraguai

Chanceleres dos países que integran a Unión de Nacións Sudamericanas (Unasur) chegaron a Asunción (Paraguai) para apoiar ao goberno democrático de Lugo. O presidente de Ecuador, Rafael Correa, asegurou que se hai golpe de Estado pecharíanse as fronteiras.

O xuizo político que está a realizar a Cámara dos Deputados de Paraguai contra o seu xefe de Estado, Fernando Lugo, alarmou aos países da denominada  Unión de Nacións Sudamericanas Unasur) que enviou unha delegación a Asunción. Segundo informa TeleSUR o país sudamericano segue en vixilia á espreita dos acontecementos. Neste medio de comunicación entrevistaron a Lugo quen asegurou que estaba a vivir un “golpe de Estado espress” e aínda así manterase á fronte do país para "evitar que unha vez máis na historia da República, un feito político lle roube o privilexio e a soberanía á suprema decisión do pobo". Na mesma entrevista Lugo acusou ao precandidato polo Partido Colorado, Horacio Cartes, de estar detrás do xuízo político no seu contra, e informou que se prepara cos seus avogados para responder “persoalmente” ás acusacións este venres no Senado.

O país sudamericano segue en vixilia á espreita dos acontecementos.

Entre outras reaccións do entorno a máis contundente foi a do presidente de Ecuador, Rafael Correa, quen chegou a afirmar que “Unasur ten o dereito e deber de resgardar a democracia na rexión”. Entre as accións a emprender por este organismo internacional podería figurar o peche das fronteiras dos países que o compoñen. En declaracións a TeleSUR, Correa foi moi claro ao afirmar que “criamos que se superara esa etapa en América Latina con gobernos estables, normalmente con grande apoio popular”.

Máis en Mundo
Comentarios