A Irmandade Musulmá chama á rúa contra o golpe

A Irmandade Musulmá chama á poboación á rúas esta sexta feira en sinal de oposición ao golpe de estado militar que derrocou ao presidente Mohamed Morsi. O exército desenvolveu pouco despois unha vaga de persecución contra o movemento. 

Manifestación en Exipto
photo_camera Manifestación en Exipto

A Irmandade Musulmá sairá hoxe á rúa nun “venres de rexeitamento” do golpe militar que derrocou o presidente Mohamed Morsi, agora detido. Segundo algunhas fonte como a axencia Reuters, o exército tería retido igualmente ao líder dos islamistas Mohamed Badie ademais de emitir ordes de captura para máis de trescentos membros do movemento. 

A persecución do movemento islamista terá hoxe resposta nas rúas, na convocatoria da Irmandade Musulmá contra o golpe de estado militar. “A Irmandade Musulmá rexeita o terror de un Estado policial que prende figuras do seu partido” sinalan nun comunicado emitido no que anuncian a creación dunha Coalición Nacional en Apoio da Lexitimidade e no que tamén convocan á saír a rúa en grande número neste venres de rexeitamento. 


Entretanto, o líder do Supremo Tribunal, Adly Mahmud Mansour tomou posesión como Presidente interino e manifestou, no que foi o seu primeiro discurso, o seu apoio á acción do exército, definindo aos militares como “consciencia da nación e garantes da súa protección e seguranza”. 

ONU e Estados Unidos continúan sen condenar nin recoñecer o golpe militar en Exipto. 

Máis en Mundo
Comentarios