Por esta infracción leve as sancións abalan entre os 300 euros, a mínima, e os 6.000, a máxima. A que impón a Xunta é de 4.500 euros, portanto, a decisión administrativa da Consellaría de Cultura aforra 1.500 á familia Franco.
En todo caso, o goberno galego anuncia a abertura dun novo expediente sancionador, desta volta polo anuncio realizado pola Fundación Francisco Franco de que vai cancelar as visitas ao BIC (ben de interese cultural).
A Xunta pon en destaque que "actúa ante calquera posible incumprimento da Lei do Patrimonio Cultural e así o seguirá facendo".