Con 'Nós Diario'

Último día para que as persoas subscritoras soliciten o cartafol do coleccionábel sobre os reis e as raíñas da Galiza

As entregas deste especial acompañan o 'Nós Diario' de terzas a sextas feiras.
O cartafol é de balde para as persoas subscritoras. (Foto Nós Diario)
photo_camera O cartafol é de balde para as persoas subscritoras. (Foto Nós Diario)

Esta sexta feira, 30 de setembro, é o último día no que as persoas subscritoras poden solicitar, de balde, o cartafol do coleccionábel Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu, para reunir as 34 entregas que se entregan de terzas a sextas feiras co Nós Diario entre setembro e outubro.

Para pedilo é preciso enviar un correo a [email protected] antes do remate do día. As persoas non subscritoras poderán encargalo, por 7 euros, nos quioscos até o vindeiro 7 de outubro.

Grande acollida

A iniciativa promovida por Sermos Galiza S.A. está a contar cunha gran acollida entre as persoas lectoras e subscritoras de Nós Diario, que agradecen o labor de difusión e promoción dunha etapa histórica do país.

Outro dos aspectos destacado por subscritoras e lectoras do xornal é que Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu está a ser un proxecto desenvolto con perspectiva de xénero, un elemento transversal na totalidade dos contidos.

Os 34 números do coleccionábel e os capítulos do podcast afondarán nas biografías de 17 raíñas galegas, estudando o seu papel no reino da Galiza.

O proxecto contempla a elaboración dun banco de datos dixital con información complementaria á publicada nos cadernos e nos podcast, ademais de oito rutas culturais en Compostela, Cambre, A Coruña, Culleredo, Betanzos e Pontedeume.

Comentarios