Teo lembra a memoria de Ánxel Casal

As actividades comezarán o día 16 de agosto e rematarán o día 19 cunha ofrenda floral diante do monolito en Cacheiras.
Ofrenda Floral diante do Monolito a Ánxel Casal
photo_camera Ofrenda Floral diante do Monolito a Ánxel Casal

O concello de Teo realiza, desde 2007, un recoñecemento da figura de Ánxel Casal recollendo a iniciativa que xa viña realizando a Fundación Castelao. Ánxel Casal (A Coruña 1895-Cacheiras 1936), destacou pola súa labor como editor e político, o último alcalde republicano da cidade de Compostela, e militou no Partido Galeguista desde a súa creación. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado o 19 de agosto. En lembranza do seu asasinato colocouse un monolito no lugar onde apareceu o seu corpo a carón da estrada en Cacheiras.

Actividades
Este ano as actividades comezarán coa proxección do filme "Vilamor" o 16 de agosto (Praza Braña dos Alféreces en Cacheiras, preto do lugar onde está o monolito, 22.30 h.) e continuarán con actividades infantís e familiares o 17 de agosto (Praza dos Carballos, 19:00 h.); un concerto da Banda de Música de Calo o 18 de agosto (Praza Estivada da Ribeira, 20 h.); e a tradicional ofrenda floral e actos de conmemoración dedicados a Ánxel Casal o 19 de agosto (Praza Estivada da Ribeira, 20:30 h.).

Comentarios