En tempos dos Borbóns... O epílogo dun símbolo

No último capítulo do coleccionábel de heráldica, que atoparás mañá nos quiosques ou na nosa loxa online, Héitor Picallo analiza a aparición do emblema do Reino da Galiza en distintos recunchos do país durante o reinado de Filipe II. Non perdas a ocasión de gozar debullando esta parte da historia do país.
escudos, heráldica, héitor picallo
photo_camera Distribución de testemuños gráficos vinculados ao escudo da Galiza (deseño de Martiño Picallo, debuxo de Héitor Picallo).

Durante o reinado de Filipe II o emblema do reino galego foise salpicando por varios recunchos do país, tal e como aconteceu na época do seu pai. Canda este fincáronse brasóns da Galiza en Viveiro e Betanzos, e no reinado do seu sucesor tamén acontecería igual: no Panteón Real da Catedral de Santiago, nos lenzos exteriores da mesma basílica (concretamente na rúa Fonseca), nunha vivenda de Sarandós (Abegondo – A Coruña) etc.

Alén  diso,  dos  Austrias  menores queda outrosí algún   testemuño   na   Galiza, por exemplo na Maestranza  coruñesa,  que data da época de Filipe III (concretamente de 1607) e na “Cassa de Ingenio de Moneda”, na mesma urbe, con renovadas instalacións dende 1662 (rei-nado de Filipe IV). 

Os brasóns reais, coa representación nos seus cuarteis dos distintos es-tados, portan as armas da Galiza  no  centro  do  xefe,  aínda  que  nunha  versión  bastante estendida  polo  noso  reino  e  case  nada  alén  dos  Perineos:  o  cáliz  cunha  hostia  sumada.  Desta variante xa teñen escrito non poucos autores, entre eles César Vaamonde Lores dende os Boletíns da Real Academia Galega. 

Porén,  como  se  indicou ao comezo destes estudos, intentaremos  centrar  a  nosa  ollada dende unha perspectiva internacional, non sen iso citar por exemplo un documento calcográfico que se conserva na Real Academia de Bellas Artes  San  Fernando  (Madrid), concretamente nos fondos cedidos por Antonio Correa. Nel, con tales mobles eucarísticos, identificamos as armas reais de Filipe IV, xa que á marxe existe un apuntamento a grafito que indica que se elaborou en 1639. 

O autor, Bernardo Heylan,  que exerce o seu oficio cando menos  dende  1616,  pertence  a  unha importante familia de artistas orixinarios de Antuerpen que asentaron as súas vidas en terras granadinas. 

As armas de Filipe V

Carlos II foi o derradeiro membro da Casa de Austria en gobernar os reinos peninsulares dende 1665. Así e todo, Portugal pouco ficou no seu poder, pois aos tres anos de inaugurarse como rei perde eses territorios tan importantes para a súa coroa. Sen descendencia, o seu pasamento chega o 1 de novembro de 1700,  polo que accede ao trono o seu sobriño neto Filipe V tras ser proclamado como tal –quince días máis tarde– no Palacio de Versalles. 

O neto de Luís XIV aparece na Península o 22 de xaneiro do ano seguinte e o 2 de novembro, non se altercados, consegue  chegar  a  Figueres,  onde  se une en sacramento coa súa curmá María Luisa Gabriela de Saboia, concretamente ao día seguinte na igrexa parroquial de Sant Pere de Figueres (Girona).  

O  monarca  aínda  non  cumprira os 18 anos de idade, ela só contaba con 13. Destes  feitos  consérvase  na  Biblioteca Nacional de Francia unha serie de gravados orixinais en augaforte. Un deles recrea a recepción estabelecida entre Filipe V e a princesa María Luisa en Figueres. Porén, interésannos en relación co tema heráldico aquel gravado que leva por título “L'Arrivée de Sa Majesté Catholique Philippe V a Figuéres en Catalogne...”. Nel represéntase o monarca montado a cabalo, enfronte do que se grafa un medallón coa efixie da noiva termado por tres anxos. 

Se queres seguir gozando deste relato histórico merca o Nós Diario desta cuarta feira, no que sairá publicado o último número do coleccionábel de heráldica escrito por Héitor Picallo. Atoparás o xornal nos quiosques ou para a súa lectura na nube entrando nesta ligazón. Evita quedarte sin novas propostas culturais: subscríbete xa!

Comentarios