O Supremo paraliza a exhumación de Franco do Val dos Caídos

A medida é preventiva e até que se tome unha decisión definitiva sobre o traslado dos restos do ditador.

val dos caídos

Francisco Franco non será exhumado a vindeira segunda feira do Val dos Caídos, tal e como prevía o goberno español, para trasladalo ao cemiterio do Pardo. A sección IV do Tribunal Supremo aceptou por unanimidade as medidas preventivas solicitadas pola familia do ditador, á espera de resolver o recurso presentado perante o alto tribunal.

A razón argumentada polos maxistrados e maxistradas para esta paralización é a de evitar o prexuizo que causaría aos que recorreron, os netos de Franco, e “especialmente aos intereses públicos encarnados no Estado”, se o recurso da familia Franco fose estimado e “fose preciso devolvelos ao lugar onde se atopan”.

Esta decisión do Tribunal Supremo supón un novo tropezo no intento do goberno de Pedro Sánchez de que Francisco Franco non continúe no Val dos Caídos, onde foi enterrado en 1975. O Goberno asume a decisión do Supremo mais está convencido de que finalmente a xustiza desestimará o recurso da familia e acabará permitindo o traslado dos restos de Franco.

Comentarios