Palabras con memoria

Somos animais co roupa (no mellor dos casos)

Tendas de roupa

Carracán.- Roupa de durmir infantil aberta polo lombo.

Lugar de escoita.- San Martiño e Sto. Adrán de Cobres (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.-Sé Anxo Rosales González.
Outros apuntamentos.- O carracán debía ter botonciños.

Cubritó.- Peza de roupa de abrigo que se pon por riba.

Lugar de escoita.- A Terra Cha.
Fonte.- Baldomero Iglesias Dobarrio.

Flavia.- Roupa de mala calidade.

Exemplo: “Mirade con que flavia vai o pobre”.
Lugar de escoita.- Agolada (Pontevedra).
Fonte.- Tareixa e Marica Campo Domínguez.

Landó.- Peza de roupa de abrigo

Lugar de escoita.- A Terra Cha.
Fonte.- Baldomero Iglesias Dobarrio.

Levitó.- Peza de roupa de abrigo que se pon por riba.

Lugar de escoita.- A Terra Cha.
Fonte.- Baldomero Iglesias Dobarrio.

Someter.- (Ademais dos significados xa coñecidos). Colocar unha peza de roupa dentro da outra coa intención de suxeitala.

Exemplo: “Somete a camisa, que a levas por fóra”.
Lugar de escoita.- Ferrolterra e Mariña luguesa
Fonte.- Xosé Luís Martínez Pereiro.

Visar.- (Ademais de significados xa recollidos) Transparentar unha prenda de roupa. 

Exemplo: “Tes que ter coidado con ese vestido, que che visa todo”.
Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa)
Fonte.- Mario Ferreira.

.

Comentarios