luns 06/12/21

Sobredo lembra e honra os seus ‘mártires’: 99 anos do asasinato de Cándida, Joaquín e Venancio

Máis un ano, este lugar de Tui acolle unha xornada de actos para recordar os sucesos de 1922, cando tres veciños morreron a mans da Garda Civil no marco da loita contra os foros.

sobredo

En Sobredo (Gullarei-Tui) mantense viva a memoria dunha etapa da historia de Galiza, a loita agraria contra os foros, que acadou niveis de verdadeira revolución. Neste lugar caían o 28 de novembro de 1922 tres veciños (Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González) baixo as balas da Garda Civil.

O instituto armado dirixírase a Sobredo para embargar un veciño que se negara a pagar os foros. Tocaron a rebato as campás das igrexas para alertar da presenza dos gardas civís. A xente deixa o que está a facer e reúnense máis de 2.000 persoas para evitar o embargo. A represión deixa tres persoas mortas, que serán coñecidos como os ‘Mártires de Sobredo’, e numerosas feridas.

Este ano a intervención convidada ao pé do monumento correrá a cargo de Marta Dacosta, poeta; e de Ramón Varela, biólogo e ecoloxista. 

Este domingo, 28 de novembro, Sobredo volve homenaxear e honrar os seus mártires, nunha xornada organizada polo Instituto de Estudos Agrarios ‘Mártires de Sobredo’. Un acto cívico, popular e emotivo que este lugar acolle ano tras ano”.

Recuperación

Unha procesión cívica percorrerá a distancia entre a carballeira e o monumento erixido para non esquecer o que pasou aquel 28 de novembro de 1922. Ergueuse por suscrición popular en 1932, sendo dinamitado polos fascistas nos primeiros días do golpe franquista. Foi reconstruído en 1986 grazas ao movemento popular.

Este ano a intervención convidada ao pé do monumento correrá a cargo de Marta Dacosta, poeta; e de Ramón Varela, biólogo e ecoloxista. 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Sobredo lembra e honra os seus ‘mártires’: 99 anos do asasinato de Cándida, Joaquín e...
comentarios