A simboloxía franquista pode levar ao goberno municipal da Coruña aos xulgados

O goberno municipal de Negreira terá que verse coa xustiza polo incumprimento dos acordos municipais que obrigaban á retirada da simboloxía franquista. A denuncia da CRMH da Coruña foi admitida a trámite. 

Rúa División Azul
photo_camera Rúa División Azul

Será a xustiza quen estude agora a denuncia da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CMRH) contra o Concello polo incumprimento dos acordos municipais que obrigaban á retirada da simboloxía franquista da cidade. A admisión a trámite da denuncia dá un paso adiante pola loita da restauración do rueiro da Coruña e a eliminación da simboloxía franquista que aínda pervive na cidade. 

A CRMH dará esta cuarta feira unha rolda de prensa para expoñer os termos da denuncia e a campaña que veñen desenvolvendo desde hai anos para lograr librar á cidade da homenaxe aos represores do franquismo que aínda perdura. 

Os acordos municipais, aprobados polo Concello, contemplaban a obrigatoriedade da retirada de máis de 30 símbolos franquistas que aínda perduran no rueiro e en distintos espazos públicos da Coruña. A denuncia refírese non só ao silencio do goberno municipal sobre a execución dos acordos plenarios senón tamén ao incumprimento dos mandatos a Lei da Memoria Histórica que esixe a retirada da simboloxía franquista dos espazos públicos por parte da administración. Dos acordos tomados en pleno en 2009, o Concello mantén aínda o nome franquista de máis de trinta rúas das que se esixía a súa retirada. 

A rolda de prensa terá lugar esta cuarta feira ás 10.30 horas no Hotel Riazor. O presidente da CRMH da Coruña, Fernando Souto ademais do avogado Pablo No e varios membros da entidade encargaranse de presentar a denuncia publicamente. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios