Os servizos secretos dos EUA e do Reino Unido espiaron Castelao

O 12 de marzo de 1945 un axente do servizo de intelixencia británico asinou un informe sobre as actividades de dirixentes do nacionalismo galego, entre eles Daniel Castelao. O líder do Partido Galeguista foi tamén espiado polo xermolo da actual CIA. No Sermos221 contámosvos a historia da espía de Castelao, María Docampo, e publicamos material desclasificado do MI6.

Luís Soto, María Docampo, Daniel Afonso Rodríguez Castelao.

O informe do MI6 británico, Index to repor on anti-Franco spaniers, foi xa desclasificado polo Reino Unido e descuberto polo historiador e investigador Eliseo Fernández. Sermos faino público por vez primeira no seu número 221, xa na rúa desde esta quinta feira. Nese documento cualifícase Castelao de "the most important galician exile" e reprodúcense dúas cartas do máximo dirixente do Partido Galeguista ao lehendakari Aguirre e ao nacionalista catalán Pi Sunyer.

1Completamos este traballo, que leva a asinatura de Cilia Torna, coa historia de María Docampo, unha muller nada en Oleiros que espiou Castelo para o servizo de información militar dos EUA, o antecedente da CIA.

Toda a información sobre este asunto no Sermos221, disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios