Sada volve reclamar ao Estado a "inmediata" demanda de titularidade dos bens móbeis de Meirás

Advirte do risco de que os Franco poidan retirar bens non reclamados polo Estado mais que para o Concello teñen que ser de titularidade pública.
Detalles do interior do pazo de Meirás. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Detalles do interior do pazo de Meirás. (Foto: M. Dylan / Europa Press)

O Concello de Sada volveu solicitar este sábado ao Estado español a "inmediata" presentación da demanda de titularidade dos bens móbeis do Pazo de Meirás.

Segundo lembran nun comunicado, os Franco presentaron recurso contra o Auto do Xulgado sobre a execución dos móbeis do Pazo e solicitaban retirar "todos os móbeis que non foron obxecto do incidente do Estado", mais que o municipio considera "que debe permanecer dentro do Ben de Interese Cultural e que deberían ser de titularidade pública".

"Ante o risco de que poidan retiralos, provocando a perda da integridade patrimonial e cultural do sitio histórico",desde o Goberno local instan o Executivo estatal a presentar a demanda da titularidade, "que debería incluír a solicitude de medidas cautelares que impidan a retirada dos bens que o Estado non reclamou".

Sobre isto, piden incorporar o informe pericial realizado por Manuel Pérez Lorenzo, no que se acredita a orixe, a permanenca e destino ao servizo da xefatura do Estado tanto dos procedentes de Pardo Bazán como dos incorporados polo Estado desde 1938 e ata 1975; "bens todos eles que gozan da condición de dominio público e, por tanto, propiedade do Estado".

O Concello pide ncorporar o informe pericial realizado por Manuel Pérez Lorenzo, no que se acredita a orixe, a permanenca e destino ao servizo da xefatura do Estado tanto dos procedentes de Pardo Bazán como dos incorporados polo Estado desde 1938 e ata 1975; "bens todos eles que gozan da condición de dominio público e, por tanto, propiedade do Estado".

Durante a vista relativa ás cuestións incidentais propostas para determinar que bens forman parte do Pazo de Meirás, que decorreu en xullo, peritos achegados polo Estado español e a Xunta coincidiron en que bens en disputa no pazo de Meirás, entre a administración estatal e as demais adheridas á súa demanda- pola que se logrou a titularidade pública do inmóbel- e os Franco, forman parte do "conxunto" e advertiron que retiralos supoñería romper "o propio sentido histórico" do inmóbel.

Pouco despois, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruñaimpedía a retirada do Pazo de Meirás dos elementos disputados pola familia Franco ao considerar que son bens inmóbeis. Unha decisión contra a que a familia do ditador interpuxo un recurso.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios