Retiran da Deputación de Lugo os cadros dos seus presidentes durante o franquismo

Foron retirados dos corredores do Pazo de San Marcos

Deputacion retirada retratos lugo franquyismo
photo_camera Maite Ferreiro e Efrén Castro retirando un dos retratos.

Na mañá desta sexta feira procedeuse á retirada dos corredores do Pazo de San Marcos os cadros dos presidentes da Deputación de Lugo nomeados durante  a ditadura de Primo de Rivera e tras o levantamento militar do 1936 e a posterior ditadura.

O deputado de Memoria Histórica, Efrén castro, sinalou que “as institucións non poden acoller elementos de recoñecemento ao franquismo ou ás  persoas que o representaron porque, argumentou,“iso contribúe a branquear e lexitimar a ditadura”.

“A transición construíse sobre unha lei de amnistía e un relato feito á medida das forzas do rexime e en contra da memoria e a dignidade das persoas represaliadas e das súas familias”, expuxo o deputado nacionalista.

“Non se trata de esquecer a historia, nin de axustar contas individual ou colectivamente, se non de visibilizar que unha sociedade democrática non pode dar o mesmo tratamento a representantes políticos dun rexime fascista que a representantes políticos elixidos democraticamente”, concluíu.

Día da Galiza Mártir

O vindeiro 17 de agosto, coincidindo co Día da Galiza Mártir, a área de Memoria Histórica celebrará un acto de lembranza e homenaxe ás persoas represaliadas polo franquismo en Sarria.

Comentarios