Réplica do historiador Bernardo Máiz ao artigo "Nacionalismo a man armada"

Publicamos a seguir un escrito do historiador Bernardo Máiz Vázquez que foi encamiñado á redacción de Sermos Galiza como réplica ao artigo "Nacionalismo a man armada", de Cilia Torna, texto sobre a participación de galeguistas na loita armada contra a ditadura.

Bernardo Máiz Vázquez (1950) é un historiador ferrolán, autor, de entre outras obras, Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consello de Guerra, Ferrol 1934-1955 (2004, A Nosa Terra) e Castelo de San Felipe: cárcere e morte (2010, Embora).

Este é o texto que encaminhou á Redacción de Sermos Galiza:

"Primeiro con interese e despois con sobresalto, veño de ler na edición dixital de SERMOS GALIZA do día 27 deste agosto un articulo de Cilia Torna (supuño é seudónimo), sobre nacionalistas galegos na guerrilla antifranquista  e quedo desacougado, e, si, tamén molesto. Debo sinalar que non é a primeira vez que me sucede con algunha entrega de amateurs metidos a historiadores da nosa contemporaneidade, ás veces, no seu protagonismo, xente perigosa para a historia de Galiza. Neste caso, por descoñecemento ou a mantenta, a/o autora/autor do artículo erra-imaxina-manipula a verdade e a historiografía. 

Por descoñecemento ou a mantenta, a/o autora/autor do artículo erra-imaxina-manipula a verdade e a historiografía
 

Por suposto que sobre a loita armada antifranquista en Galiza e sobre o mínimo do nacionalismo galego nela aínda queda moito por escribir, mais seica e disque algo vai feito dende que na década dos setenta comezamos investigar dúas persoas e despois, brillantemente, tantas outras, editando ducias de  libros e folletos, rodando varias películas, montando exposicións sobre a oposición galega ao franquismo, labor, publicacións e difusión que o/a tal Cilia semella -falsamente- descoñecer,  pois se non  é pouco intelixente o que escribe no último parrafo e pouco ou ningún favor lle fai ao meu amigo Uxío Breogán Diéguez citándoo como única referencia.
 
Finalmente, non se pode andar a querer descubrir América, ou a pólvora, unha ducia de veces ignorando as navegacións ou experimentos químicos anteriores".

Comentarios