Reliquias con denominación de orixe

Durante séculos as reliquias, esas partes dun corpo santo, ou de obxectos que estiveron en contacto con el, foron obxecto de veneración. E fonte de poder.

Captura de pantalla (54)
photo_camera Fragmento dunha ilustración en que aparece retratado Andrew Boorde

Posuír unha reliquia era unha mostra de poder, eclesiástico ou particular. E daí a necesidade de posuír cantas máis mellor. O tráfico de reliquias ou, se quixermos, o contrabando, estaba garantido.

E a Igrexa, que aspiraba ao monopolio, viu que iso non era bon para os seus intereses. O tráfico, a falsificación, o roubo de reliquias podía ameazar a credibilidade do sistema. Así que convocou un concilio para exixir un “certificado de autenticidade” das reliquias de santos.

Galiza, con Compostela como un dos principais centros da cristiandade a venerar as reliquias do Apóstolo, non ficou allea a esta problemática. Mais, sobre todo, tiña que estar preparada para o caso de alguén cuestionar o sistema. E o cuestionamento chegou de parte dun peregrino. Nun dun calquera. Foi Andrew Boorde, físico e escritor galés, autor da primeira guía de viaxeiros de Europa, a The Fyrst Boke of Knowledge publicada en 1542 e que dez anos antes estivo en Compostela, quen o fixo: “Estiven en moitos lugares deste mundo para coñecer a verdade de moitas cousas e afirmo que en Compostela non hai nen un cabelo nen un óso de Santiago”

E ninguén lle fixo caso

Comentarios