HISTORIA

O Reino de Galiza no atlas de Al-Idrisi

No que está considerado entre o século XII e o XIV o mapa máis preciso do mundo, elaborado polo máis importante xeógrafo do século XII, Abu AbdAllah Muhammad Al-Idrisi, recolle o Reino de Galiza. O ceutí mantén Galiza –espazo ocupado polo espazo cristián no territorio peninsular– e España –territorios do ámbito musulmán– como realidades diferentes. Eis un extracto da información publicada no Sermos en papel.

o Reino de Galiza no século XII.
Edición realizada en 1929 por Konrad Miller seguindo a copia de Oxford de 1456.
photo_camera O Reino de Galiza no século XII. Edición realizada en 1929 por Konrad Miller seguindo a copia de Oxford de 1456.

5É unha das grandes xoias da cartografía mundial. Considerado entre o século XII e XIV como o mapa máis preciso do mundo coñecido, estaba formadopor 70 follas que recollen unha profusa información dos continentes europeos, africanos e asiáticos. O mapa, orientado cara ao sur na tradición das cartas elaboradas polos arabés, tomou como fontes as propias experiencias viaxeiras do seu autor, as expedicións de investigación a zonas descoñecidas promovidas polos impulsores do traballo, as informacións achegadas por mariños achegados a Sicilia que eran sometidos a un cuestionario e a tradición cartográfica anterior, fose de orixe clásico ou árabe. Actualmente hai arredor de 10 copias do mesmo, sendo as máis importantes a depositada na BodleianLibrary de Oxford, a copia de Oxford datada no Cairo en 1456, e a custodiada na BibliothèqueNational de  Paris, realizada á volta do 1300 e que conserva 68 follas en cor, das 70 que conformaba o orixinal. A primeira das versións pódese consultar na propia páxina web da biblioteca francesa e a segunda nunha meticulosa edición realizada polo cartografo alemán KonradMiller en 1929.

O autor da obra, Abu AbdAllah Muhammadal-Idrisi, coñecido como Al-Idrisi, foi o máis importante xeógrafo do século XII. Nado en Ceuta arredor de 1100, onde se atopaba refuxiada a súa familia, formouse en Córdoba, viaxou por Europa, África e Asia, sendo contratado á volta de 1140 polo rei normando de Sicilia Roxerio II para elaborar o seu coñecido atlas. Dedicou os últimos 18 anos da súa vida a realizar este traballo, tamén coñecido como Táboa Roxeriana por tratarse dun encargo do rei Roxerio II, sen esquecer outras achegas a diversas disciplinas do saber. Defendeu a esfericidade da terra sinalando que “a terra é redonda como unha esfera, e as augas adhírense a ela”, significando moito antes que Galileo ou Copérnico que “as criaturas son estábeis na superficie da terra; esta atrae o que é pesado, mentres que o lixeiro é atraído polo aires”. Deixou conta das súas viaxes nos seus escritos, onde excede a información xeográfica, ofrecendo dados de carácter etnográfico ou histórico. Porén non visitou o noso país en ningún deles.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 277, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Máis en Mapas do reino
Comentarios