sábado 28.03.2020

Recuperar a memoria musical a través das imaxes

A páxina de Facebook Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX recolle documentación gráfica de todo o relacionado coa historia da música galega.
Manuel Quiroga na súa casa de París. Fonte foto: Museo de Pontevedra.
Manuel Quiroga na súa casa de París. Fonte foto: Museo de Pontevedra.

A iniciativa social nos últimos anos segue a ir por diante da institucional. Unha proba disto é o Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX que leva desde febreiro de 2010 a recoller e difundir a historia da nosa música a través dunha páxina en Facebook. A idea foi de Milagros Bará Viñas, sobriña neta de Manuel Quiroga Losada, violinista de referencia internacional e tamén compositor. “Quixen saber algo máis sobre a súa figura e despois de falar con Alejo Amoedo Portela decidín abrir a páxina”. As primeiras achegas foron, daquela, deste pianista do Conservatorio de Vigo. A súa sorpresa veu cando atopou unha alta participación e moito interese por parte de mú[email protected] e [email protected]

Referente para a investigación

“Pasei da idea inicial a ter un obxectivo máis ambicioso: compartir na rede información básica para dar a coñecer figuras da música galega no ámbito que sexa”. Foi así como conseguiu reunir máis de 3.000 imaxes, unhas 300 inéditas. Para organizar tanto material empregou o apartado de álbums de fotos da propia ferramenta dixital. As temáticas que lle xurdiron son ben variadas. Atopamos, por exemplo, un apartado para Bandas galegas, outro para Coros, corais e orfeóns, pandereteiras, acordeonistas, gaiteiros, grupos de rock e folk... Mais tamén para nomes importantes da nosa música, como Avelino Cachafeiro, Pilar del Castillo, Enrique Lens, Ángeles Gulín, Juan Montes Capón, Isidoro Brocos, Felipe Paz Carbajal, Marcial del Adalid, Reveriano Soutullo, Roxelio Groba, José Baldomir ou Manuel Quiroga Losada. Hoxe esta páxina conta con 4.351 [email protected] e ao redor de setenta [email protected], a maior parte anó[email protected], que partillan todo tipo de documentación a través da rede. Algunhas destas persoas xa forman parte da “equipa” pola súa alta participación. É o caso do propio Alejo Amoedo Portela, Moncho Arufe ou Eli Carracedo, por citar algunhas. “É algo voluntario e segundo o tempo que teñamos dedicámoslle máis ou menos”, comenta a administradora e editora.

"Non entendo que nos tempos do 2.0 os museos e arquivos teñan o seu material sen dixitalizar e sen estar dispoñíbel para o público"

O éxito desta experiencia innovadora é a variedade e importancia do material con que conta. “O que ten a rede é que partillas con músicos que teñen moita documentación na casa que nunca foi publicada”. [email protected] achegas forman parte de arquivos familiares inéditos de moi difícil consulta. [email protected] de todo o mundo [email protected] na historia da música galega puxéronse en contacto con Milagros Bará para atopar fontes.

“A través do correo electrónico conseguín poñer en contacto musicó[email protected] que procuraban datos que doutro xeito sería imposíbel atopar, mesmo en América do Sur, onde aínda temos a sorte de conservar moito material a partir do que gardaron descendentes de emigrantes”.

Museo virtual

Milagros Bará estudou até terceiro de violín. Para ela a música é “un xeito de expresión moi importante para o ser humano”. Por tradición familiar e por convicción persoal sabe que o que comezou como algo particular é hoxe algo máis. “Dixéronme que era unha das páxinas de referencia polo material que atopas e por citar as fontes”. Este último punto é moi importante para situar as imaxes, facilitar o traballo e respectar a propiedade intelectual [email protected] [email protected] A primeira impresión que temos cando visitamos esta páxina de facebook é a de estar nun “museo virtual”. Milagros Bará recoñece que algo diso ten, aínda que deixa claro que "eu non suplo un museo." A crítica para co sistema actual de conservación e difusión da nosa cultura está servida. “Non entendo que nos tempos en que vivimos do 2.0 os museos e arquivos teñan o seu material “amarrado” e que cando alguén ten que realizar un traballo de investigación ten que ir a vinte sitios e con problemas”. Sen querer abre un debate interesante que está nas conversas de [email protected] cientí[email protected] deste país: a falta de dixitalización e difusión do material que gardan os museos galegos. “A triste realidade é que despois de que algún musicólogo me comentase hai un ano este tema coincidimos en que é un traballo que deberían facer as institucións”. E recoñece que tentou ir máis alá e transformar e mellorar a páxina. “Falei nalgunha ocasión con representantes do mundo da cultura mais non houbo interese”.

Quen si tiveron interese en dar a coñecer esta experiencia que leva máis de dous anos en funcionamento foron @s [email protected] do Foro UNIREDE 2012. Dentro da xornada que realizará o vindeiro día 27 de outubro en Compostela, Milagros Bará presentará o seu Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX. A creatividade e as inquedanzas individuais pulan pola recuperación do noso patrimonio.

Imaxes: Abaixo unha foto de principios do século XX en Cedeira. O Gaiteiro é Perracativa (José Antonio Muiño). Achega de Moncho Arufe; Na parte superior Manuel Quiroga na súa casa de París. Fonte foto: Museo de Pontevedra.

comentarios