Recoñecemento ao médico Castelao, por Xoán Costa

Sen titulo
photo_camera (Imaxe: Retrato de Castelao en Vida Gallega)

Vida Gallega, de 10 de febreiro de 1919, publica unha fotografía de Castelao  coa aclaración “xenial caricaturista galego que prestou valorosos servizos médicos en Rianxo durante a epidemia”. Lembremos que fora precisamente Castelao o autor da capa do  primeiro número,  publicado en xaneiro de 1909,  desta revista ilustrada, de periodicidade mensal e fundada por Jaime Solá en Vigo.

Sen titulo

Estase a referir a aclaración ao andazo de gripe de 1918. Nese ano, e polo mesmo motivo, tamén se recoñeceu o labor desenrolado polo prestixioso médico Angel Baltar.O recoñecemento chegou de parte da sociedade Acción, presidida por Cándido González, fundada nese ano dezanove, e que nacera co obxectivo de “fomentar a creación de sindicatos obreiros de pesca e agrícolas, propagar o uso do idioma rexional e cooperar no beneficio do municipio”.

 Na súa contestación ao agradecemento Baltar deixará claro que “nada en rigor fixen que non for cumprir un elemental deber no exercicio da miña profesión, que debe tomarse como verdadeiro sacerdocio”

Polo que respecta a Castelao, que claramente nesa altura xa decidira que a Medicina non era o seu (“fíxenme médico por amor a meu pai e deixei de exercer a Medicina por amor á Humanidade”) seguramente foi a derradeira vez que exerceu de médico antes de gardar definitivamente nunha gabeta o título que o autorizaba a exercer, como nos lembra o autor no relato O retrato, incluido no volume Retrincos e publicado en 1934.

“Por amainal-a concencia guindei co meu tíduo de médico no fondo d'unha gabeta e busquei outra maneira de me valer. As xentes xa non sabian que eu era dono de tan tremenda licencia oficial….”

Comentarios